Feira do Mel de Montaña de Muras

Do 16 Nov 2019 ao 17 Nov 2019 Axenda

Un ano máis, Muras acollerá a Feira do Mel de Montaña , que chega á súa V edición organizada polo concello, que presenta novas sorpresas cun programa ampliado á totalidade das dúas xornadas nas que se celebra, o 17 e o 18 de novembro, a primeira técnica e a segunda de feira.

O programa dará comenzo o sábado ás 8:00 horas cunha saída micolóxica para a identificación das setas da contorna e a súa posterior clasificación a cargo do especialista José Manuel Castro Marcote, presidente da Asociación Micolóxiga Pan de Raposo da Costa da Morte.

Nesta primeira xornada, con carácter técnico e formativo, a programación seguirá cun concurso de calidade do mel que se desenvolverá no restaurante Picapan Casa Vituco, que precederá a un relatorio a cargo de Carlos Martín Barcáiztegui, veterinario da Asocaición de Apicultores de Asturias. Este especialista centraase na profesionalización da apicultura e o control sanitario das explotacións.

Ás 20.15 horas inaugurarase a exposición de setas, que precederá a unha degustación gratuíta de lacón e queixos. Finalizará esta primeira xornada coa actuación musical do dúo Estrelas.

O domingo a xornada comenza ás 10.30 horas coa apertura dos postos da feira do mel e da exposición de setas e pinchado de sidra do Museo da Sidra de Nava.

En torno ás 12:00h haberá un obradoiro para nenos que dará paso á mostra de xantares e degustación a cargo do chef Antonio Díaz.

Durante o xantar está prevista a actuación de Rocío Varela. Á tarde continuará con outro obradoiro de cociña para nenos e a entrega de premios do concurso do mel poñerá o broche final a esta feira que conta coa colaboración da Deputación de Lugo e da Casa do mel de Goente.