Festas en Bretoña, A Pastoriza

Do 16 Ago 2019 ao 18 Ago 2019 Axenda

A localidade de Bretoña, na Pastoriza, celebrará a fin de semana do 16 ao 18 de agosto as súas festas patronais na honra de Santa María, que coinciden todos os anos a mediados de agosto.

As festas darán comezo o día 16, venres, cunha sesión vermú que estará a cargo do dúo Eclipse.

O 17 será o día grande das celebracións, que abrirán a programación coa tradicional misa maior e procesión, ás 13.30 horas, á que seguirá, como non podía ser doutro xeito, a verbena a cargo de Nevada Band.

Esta mesma orquestra tamén estará na verbena da noite xunto a outra orquestra de renome, La Fórmula.

A programación chegará ao seu final o domingo 18. Nesta xornada haberá tamén misa maior e procesión, ás 13.30 horas. O apartado musical estará a cargo da orquestra Trébol, que amenizará as sesións vermú e verbena.

Tamén contarán coa actuación do Grupo Tradicional de Gaitas da Pastoriza.

A comisión dos festexos, que muda cada ano, fixo chegar a todas as empresas e veciños o seu agradecemento polas aportacións económicas que fixeron e que lles permiten sufragar un ano máis esta popular celebración.