Festas en Roupar de Abaixo

Do 18 Mai 2019 ao 19 Mai 2019 Axenda

A parroquia de Roupar de Abaixo, en Xermade celebra a fin de semana do 18 ao 19 de maio as súas festas patronais na honra a San Estevo.

Os actos festivos darán comezo o sábado 18 coa sesión vermú a cargo de La Favorita, que tamén actuará pola noite co dúo Óbice Capital.

O domingo haberá misa solemne as 13.30 seguida dunha nova sesión vermú a cargo do dúo Estrelas acompañado do grupo de gaitas Folres de Viveiro.