Festas en San Simón da Costa, Vilalba

Do 26 Out 2019 ao 27 Out 2019 Axenda

A parroquia de San Simón de Vilalba, celebrará os días 26 e 27 de outubro as súas festas na horan de San Simón.

As celebracións darán comezo o sábado 26 coa misa solemne ás 13:30, seguida da procesión e a sesión vermú, que estará a cargo da orquestra Los Trovadores. Pola noite, a verbena contará coa orquestra Los Satélites e o segundo pase de Los Trovadores.

O domingo haberá misa ás 13:30, procesión e sesión vermú. A música estará a cargo da orquestra Pincipal, que tamén fará a verbena.

A organización, que agradeceu o apoio económico prestado pola comunidade de montes, lembra que o campo da festa estará cuberto cunha carpa.