Festas en Xermar, Cospeito

Do 10 Ago 2019 ao 15 Ago 2019 Axenda

A parroquia de Xermar no concello de Cospeito, celebrará os días 10, 11 e 15 de agosto as súas festas patronais.

O programa das festas comezará o sábado 10, con misa solemne, ás 13:30 horas, seguida da sesión vermú coa orquestra Solara. Pola noite, este mesmo grupo será o encargado de amenizar a verbena, na que estará acompañada polo grupo Chic.

O domingo 11, repetirase o programa relixioso pero será a orquestra Santiago a encargada de amenizar a sesión vermú e a verbena.

Xa o último día, o xoves 15 de agosto, o oficio relixioso será ás 13:30 horas e haberá sesión matinal de música co Dúo Escobar. Para xantar haberá unha comida veciñal ás 15:00 horas e pola noite a verbena estará a cargo do Dúo Escobar.