Festas patronais de Abadín

Do 15 Set ao 16 Set Axenda

A fin de semana do 15 e 16 de setembro, o Concello de Abadín celebrará as súas festas patronais na honra a Santa María.

Os festexos darán comezo o sábado coa celebración da tradicional misa, ás 13.30 horas seguida da procesión e da sesión vemú, que estará a cargo da orquestra Salsa Arena.

Pola noite haberá tamén música co mesmo grupo xunto co Montreal. No descanso das orquestras haberá tamén fogos de artificio.

O domingo, unha charanga local abrirá a celebración con pasarrúas, antes de misa e procesión, ás 13.30 horas, e a sesión vermú co grupo Fénix.