Festas patronais de Cela, Outeiro de Rei

Do 24 Ago 2019 ao 25 Ago 2019 Axenda

A parroquia de Cela no concello de Outeiro de Rei estará de celebración os días 24 e 25 de agosto coas súas festas patronais na honra de Santa María

As festas comezarán o sábado 24, ás 13:30 horas, coa misa solemne, a procesión e a sesión vermú co grupo musical M-3, que será o encargado da gran verbena da noite xunto co grupo Tribal.

O domingo 25 repetiranse o oficio relixioso ás 13:30 horas, coa procesión e a sesión vermú con Huracán, e xa pola noite o mesmo grupo porá o toque musical e pechará as festas.