Festas Patronais en Arneiro, Cospeito

Do 16 Ago 2019 ao 18 Ago 2019 Axenda

A parroquia de Arneiro en Cospeito, celebrará as súas festas na honra da Nosa Señora da Cabeza e San Isidro Labrador os días 16, 17 e 18 de agosto.

As festas darán comezo o 16 cunha churrascada popular gratis amenizada polo Dúo Pedriñas.

O sábado 17, haberá misa ás 13:30 horas, seguida da sesión vermú coa orquestra La Favorita. Pola noite, este mesmo grupo será o encargado de amenizar a verbena, na que estará acompañada polo grupo Tribal.

O domingo 18, repetirase o programa relixioso ás 13:30 horas pero será o dúo Os Adriano o encargado de amenizar a sesión vermú e a verbena.