Festas patronais en Begonte

Do 28 Xuñ 2019 ao 30 Xuñ 2019 Axenda

Begonte celebra a última fin de semana de xuño as súas festas patronais na honra de San Pedro, que se desenvolverán dende o vernes, 28, á noite, cando darán comezo as celebracións cunha churrascada popular amenizada polo grupo Cinema xunto aos dj Único e Ello, ambos os dous veciños do Concello.

O sábado 29 haberá misa solemne ás 13.15 horas con sesión vermú coa orquestra Atrévete, un show completo, con djs incluídos, que ten unha duración de cinco horas. Esta mesma orquestra será a encargada da verbena da noite.

O domingo a misa solemne terá lugar á mesma hora, seguida da sesión vermú a cargo do trío Innovación, actuación patrocinada por Finsa.

Tamén pola mañá actuará a banda de gaitas formada polos músicos dos concellos de Begonte, Outeiro de Rei e Rábade, que formará parte da programación ata que a sesión vermú clausure a celebración.