Festas patronais en Bonxe

Do 16 Ago 2019 ao 18 Ago 2019 Axenda

A parroquia de Bonxe, en Outeiro de Rei, celebra entre o 14 e o 18 as súas festas patronais na honra de San Mamede.

As celebracións darán comezo o venres 16 cunha festa amenizada polas orquestras Epo-k e Takyoka.

O sábado 17, día grande, haberá misa solemne ás 13.30 horas con sesión vermú coa orquestra Acordes, e pola noite será a gran verbena a cargo de novo de Acordes e D’Nika.

O domingo 18 continuarán as celebracións novamente con oficio relixioso e música na sesión vermú e verbena a cargo de D’Nika.