Festas patronais en Quintela, Castro de Rei

Do 15 Ago 2019 ao 18 Ago 2019 Axenda

A parroquia de Quintela en Castro de Rei, celebrará os días 15, 17 e 18 de agosto as súas festas patronais na honra de Santa María e San Roque.

As festas darán comezo o xoves, ás 13:30 horas, coa misa e despois ás 14:00 horas será o xantar veciñal que estará a menizada cunha actuación musical.

O sábado repetiranse o oficios relixioso ás 13:30 horas, coa procesión e a sesión vermú con Alma Latina, e xa pola noite o mesmo grupo e o dúo Karmín porán o toque musical.

O domingo 1, o último día das festas, comezará coa misa solemne, a procesión e a sesión vermú a cargo do dúo Epo-k.