II Gala do Deporte Municipal de Vilalba

O Concello de Vilalba entregará 12 premios e oito mencións de honra na segunda Gala do Deporte Municipal que organiza para o vindeiro venres 8 de decembro a partir das doce do mediodía no auditorio municipal.

Durante o acto no que o xornalista Alfonso Hermida actuará como padriño, farase entrega dos doce premios e oito mencións especiais entre as que se inclúe unha sorpresa; ademais das do padriño do acto, a xuiza de atletismo Marta Felpeto, a título póstumo Rosendo Rouco, o I Torneo festas San Cristóbal 1983 de fútbol sala, o equipo de Campo a través do Ínsua Bermúdez, Pepe Franco (Protección Civil) e a Policía Local en sinal de recoñecemento ao seu traballo durante os máis de 300 eventos deportivos que se desenvolven na vila sen ningún incidente.

As escolas deportivas de Zumba e Movemento ofrecerán cadansúa exhibición.

Ao remate do acto que contará cunha proxección de imaxes de cada un dos candidatos e candidatas, a comunidade deportiva vilalbesa reunirase no restaurante Montero de Vilalba para participar nun xantar de confraternidade durante o que se fará entrega de arredor de 40 agasallos aos clubs, asociacións e outras entidades colaboradoras.

As persoas interesadas poden retirar o ticket para o xantar na oficina de deportes ata o luns 4 de decembro por un prezo de 20 euros os maiores de 12 anos ou 10 no caso dos menores.

Publicidade

Axenda

Publicidade

Todos os artigos e novas da anterior web están agora aquí: