II Mini BTT de Castro

O 14 Set 2019 Axenda

O club BTT de Castro convocou este ano unha nova edición do Mini BTT, que se desenvovlerá o 14 de setembro a partir das 16.00 horas na Carballeira da localidade. Esta convocatoria quere repetir o éxito acadado o ano pasado.

O obxectivo do mesmo non é a competición e nel poden participar todos os nenos e nenas que o desexen aínda que é necesaria a inscrición, que é de balde.

Haberá diferentes circuítos con xincanas para todas as idades. Todos eles terá o seu propio dorsal, ademais de merendas, regalos e máis sorpresas.