IV Carreira Popular de Begonte

O 22 Xuñ 2019 Axenda

O Concello de Begonte organiza para o día 22 de xuño unha nova edición da Carreira Popular que xa chega a súa cuarta edición, na que están apuntados polo momento un total de 16 atletas.

O apartado deportivo, arrincará coa carreira absoluta será ás 11:00 horas. Ás 12:00 horas comezará a proba da categoría D, nados de 2001 a 2003 e que percorreran 3.500 metros; logo chegará a categoría C ás 12:15 horas serás os nados de 2004 a 2006 e farán 2.000 metros; a categoría B será ás 12:35 horas cos nados de 2007 a 2009 percorrendo 1.000 metros; ás 12:45 horas a categoría A percorrerá 500 metros e será para os nados de 2010 a 2011; e xa por último os minis, nados de e de 2012 a 2015, que farán 150 metros e comezarán ás 12:50 horas.

Os premios serán para os cinco primeiros clasificados na carreira absoluta masculina e feminina. No resto de categorías haberá trofeo, ademais de distinguir ao primeiro atleta local masculino e feminino.

O custe da inscrición na carreira absoluta será de 5 euros máis 1 euro de aluguer de chip para o que non teña chip amarelo championchip.

E para finalizar este evento deportivo, tódolos participantes poderán degustar uns aperitivos gratis, finalizada a entrega de premios, no Club Fluvial de Begonte.

Disporase de ludoteca gratuíta para os nenos atletas e o fillos dos atletas mentres se disputan as carreiras.