IV Outono de teatro en Vilalba

Do 8 Nov 2019 ao 29 Nov 2019 Axenda

O Instituto de Estudios Chairegos, coa colaboración do Concello de Vilalba e a Deputación de Lugo, organiza o IV Outono de teatro.

Durante tres días do mes de novembro, poñeranse en escea outras tantas obras a cargo de tres grupos teatrais distintos.

O programa completo, como se pode comprobar no cartaz, consta de catro función que comezarán o venres 8 de novembro ás 21.00 horas con Toluras de proveito a cargo de Teatro O Bordelo.

 

Xa o sábado 16 de novembro, ás 21.00 o grupo Nova Escena Teatro porá en escea a obra As fillas de Eva.

O venres 29 será a quenda do grupo Escola Municipal de Teatro de Vilalba coa obra Arsénico por caridade.

A entrada a todas as funcións será de balde e todas as obras serán no Auditorio Municipal de Vilalba.