IX Noite de San Xoán

- Prazas de San Xoán e Santa María (Vilalba) - Ven, 23/06/2017 - 21:00 -

21.00 horas (praza de Santa María): sardiñada popular con empanada, liscos, queixo San Simón da Costa, viño ou cervexa, auga. Prezo: 2 euros. Tíckets á venda na Casa da Cultura, Os Píos, Stama, A Lareira, Bar Ínsua, Mesón do Campo e o Recanto de Ayala.

22.00 horas (praza de San Xoán): Arifi World Music

23.30 horas (praza de San Xoán): acendido das fogueiras

00.00 horas (praza de Santa María): espantada das meigas, conxuro da queimada e actuación da Sintonía de Sancovade.

Tamén porá música polas rúas a A.C. Gaita Escola de Mondoñedo.