Magosto en Bretoña

O 9 Nov 2019 Axenda

A asociación de veciños de Bretoña celebrará o 9 de novembro un magosto na praza da Parola a partir das 22.00 horas.

Nesta celebración haberá a tradicional degustación de castañas asadas acompañadas pola música dun grupo tradicional da Pastoriza.

Colaboran nesta celebración os locais Casa Luciano, Casa Zapateiro de Bar Eskina, polo que os veciños recomendan a ocasión para visitar os establecementos da vila.