Mamá Cabra chega a Muimenta

O 17 Mai 2019 Axenda

A Casa da Cultura de Muimenta acollerá o día 17 de maio, ás 18.00 horas, unha actividade organizada pola Anpa A Granda para festexar o Día das Letras Galegas.

Trátase do espectáculo Mamá Cabra, que ten un prezo de tres euros para o público en xeral e gratuíto para os socios.

Debido a que hai un aforo limitado, as entradas poden reservarse a través de facebook. Para os demais a taquilla abrirá unh ahora antes do evento.