Monólogo de Carlos Blanco en Vilalba

O 31 Xan 2020 Axenda

O humorista Carlos Blanco actuará o 31 de xaneiro en Vilabla cun resumo dos seus mellores monólogos. A representación será no auditorio Carmen Estévez a partir das 21.00 horas. Esta actuación englóbase dentro do ciclo Humor no Camiño.

Decembro 2019 a APSX Sagrado Corazón de Lugo, entidade sen ánimo de lucro que organiza actividades de índole deportivo e cultural, puxo en marcha cofinanciado polo programa O Teu Xacobeo da Xunta de Galicia, o proxecto Humor no Camiño.

Consiste nun programa de 10 actuacións en clave de humor (monólogos) por 10 vilas ou cidades por onde pasa o Camiño de Santiago. O proxecto que se desenvolverá entre o 28 de decembro e o 18 de abril conta con artistas coma JJ Vquero, Carlos Balnco, David Perdomo, Nacho García, Dani Fontecha, Pedro Brandariz, Pepo Suevos ou Xan Veiga.

As vilas e cidades onde serán as actuacións son Lugo, Vilalba, Ribadeo, Mondoñedo, Sarria, Baleira, Castroverde, Fonsagrada, Melide e Portomarína.

As entradas están xa á venda en ataquilla.com e na casa da cultura vilalbesa.