Monólogo de Isi en Begonte

O 14 Set 2019 Axenda

O Concello de Begonte continúa coa programación cultural neste mes de setembro con concertos, un monólogo, contacontos e obras de teatro de entrada gratuita.

Xa en xullo houbo a actuación de Adrián Vigo e a súa banda no acto de inauguración da praza do Concello e a presentación da obra Tolitates a cargo do grupo Teatro Marionetas Trécola incluído no programa do Festival 27373.

Así, o vindeiro encontro será o 14 de setembro na Casa dá Cultura ás 20:30 co monólogo de Isi, previa recollida de entradas no concello desde o 2 de setembro ata esgotar existencias.