Mostra fotográfica sobre Os Vilares

Do 26 Xan 2019 ao 26 Feb 2019 Axenda

A partires do sabado 26, a bilioteca de Xermade acollerá a exposición de fotografía VilarEXPO, imaxes da natureza dos Vilares de Luís de Fabete que permanecerá un mes exposta. Na inauguración, que terá lugar ás 11.30 horas do 26 proxectarase o documentar Entrar aos Vilares e celebrarse un coloquio posterior. A entrada é libre.

A VilarEXPO conta con 33 imaxes de 50×70 de etnografía e natureza da parroquia dos Vilares.