‘O Laio das Pedras’: presentación

O salón de actos da Casa da Cultura de Outeiro de Rei acollerá o vindeiro 16 de setembro ás seis da tarde a presentación do libro de poemas e relatos curtos O Laio das Pedras da escritora Chelo Gayoso Díaz, veciña deste municipio.

Tamén asistirán ao acto Adela Figueroa Panisse (bióloga e escritora) e Arximiro López Rivas (sacerdote).