Obradoiro de Boina en Pol

Do 28 Nov 2019 ao 19 Dec 2019 Axenda

O día 28 de novembro dará comezo en Pol un obradoiro de boina, no que os asistentes aprenderán a elaborar unha boina de lá feltrada a cargo de Chintofanería.

O curso é gratuíto agás o material. É unha actividade subvencionada polo Centro de Artesanía e Deseño da Deputación de Lugo.

O curso terá lugar polas mañás os xoves 28 de novembro e 5, 12, e 19 de decembro. Terá lugar na Caseta da Carballeira de Mosteiro.

Os interesados poden apuntar se no teléfono 657704929. As prazas serán limitadas.