Obradoiro de restauración de mobles en Meira

Do 1 Xuñ 2019 ao 22 Xuñ 2019 Axenda

O Concello de Meira organiza un novo obradoiro de restauración de mobles para continuar co traballo desenvolvido no anterior que tivo un gran éxito. Así, este obradoiro estenderase en 4 xornadas, nas tardes do sábado, do 1 ao 22 de xuño en horario de 17:00 a 19:30 horas.

O custe será de 60 euros por persoa, materiais incluídos. O prazo de inscrición xa está aberto e se prolongará ata o mércores 29 de maio. Teñen prazas limitadas, polo que se inscribirá por orde de recepción das solicitudes.

A inscrición farase na Oficina de Turismo de Meira, no tfno.: 618.679.632 (tamén por WhatsApp) ou por correo electrónico á turismo@concellodemeira.com.