Open Hermo de tenis de Muimenta

Do 31 Xul 2019 ao 3 Ago 2019 Axenda

O XVIII Open Hermo de Muimenta, que se desenvolverá do 31 de xullo ao 3 de agosto, xa ten abertas as inscricións que se pecharán o día 27 de xullo. Este torneo disputarase en pistas de cemento, en xornadas de 10 ás 23 horas.

Cada inscrición ten un custo de 12 euros para a categoría sénior e de 10 para a cadete. Para poder participar é imprescindible que os xogadores teñan a licenza
federativa do ano en curso.

Na categoría absoluta xogaranse ao mellor de tres sets co tie-break en todos eles, mentres que nas júnior a organización poderá decidir entre o súper tie-break
en lugar do último set.

Os campións de todas as categorías serán premiados cos trofeos artesanales deseñados por María Novo e Ismael García. O límite de xogadores por categoría será de 32. Os interesados poderán anotarse a través de www.ibertenis.com, en tenismuimenta@hotmail.com ou no teléfono 678.55.08.67.