"Premios Darwin": humor

- Casa Habanera (Guitiriz) - Sáb, 20/05/2017 - 21:30 -

O Concello de Guitiriz achega o próximo sábado 20 de maio o espectáculo de Carmen Conde “Premios Darwin” á Casa Habanera a partir das nove e media do serán.

"Premios Darwin" é o resultado da recolleita de historias arredor da morte ocorridas en Galicia e alén das súas fronteiras. Coa excusa dunha entrega de premios, na que o galardón será unha gadaña, Carmen Conde vainos achegar un dos tabús, asi coma unha das tradicións, de máis fondo arraigo na nosa terra.