Presentación dun novo libro de Manuel Ferreiro

O 12 Xan Axenda

O Instituto de Estudios Chairegos celebrará este venres, día 12 de xaneiro, a presentación do libro “…de cando as pedras falaban”,  de Manuel Ferreiro. O acto terá lugar ás 20.30 na Casa da Cultura de Vilalba e nel intervirá o propio autor do libro, así como Ángel Campos e a presidenta do Iescha, Marisa Barreiro.

O libro fai o número 26 da Colección Biblioteca Chairega, que foi editado polo Iescha e incluído no convenio de colaboración coa Área de Cultura da Deputación de Lugo para o ano 2017.