Presentación equipo de rallye de Abadín

O 13 Xul 2019 Axenda

O equipo de rally conformado polos veciños de Abadín J.M. Rodríguez e J. Rodríguez co BNW 252 Coupe terá a súa festa de presentación o 13 de xullo no restaurante Claudio, a partir das 22.00 horas.

Os interesados en participar nesta sesión poden adquirir o seu ticket antes do 10 de xullo no porpio restaurante o reservar nos teléfonos 622 477 191 e 664 685 566.

A cea estará amenizada por Puzzle Animación e terá un prezo de 20 euros con menú consistente en tortilla, croquetas, empanada, churrasco, bebida, postre, café e chupito.