Programa contra as violencias de xénero en Cospeito

Do 18 Nov 2019 ao 1 Dec 2019 Axenda

Cospeito está somerxido esta semana no programa En Negro contra a violencia de xénero, programa no que están a participar os locais da temo municipal, vestindo de loito os escaparates, maniquíes, mesas de restaurantes e bares e ao propio persoal traballador.

Na semana do 18 ao 25 ademáis de animar a toda a poboación a utilizar a cor negra en sinal de loito o día 25 de novembro na sede do concello ás 12:00 horas celebrarase un acto, simultáneo conxuntamente cos outros máis de 110 concellos de Galicia adheridos á campaña, no que participarán alumnos/as do centro educativo CPI Virxe do Monte, que levarán a cabo unha acción de reflexión e concienciación. O acto rematará coa lectura dun manifesto e a a continuación terá lugar unha concentración silenciosa diante da casa do Concello para contnuar coa II Andaina Contra a Violencia de Xénero pola contorna da Lagoa de Cospeito.

O programa remtará o 1 de decembro na Casa da Cultura de Muimenta cunha representación escénica e debate coloquio posterior que leva por título Igual a Nós. A cita será ás 17.30 horas.

O concello de Cospeito participa na Campaña En Negro Contra as Violencias Machistas coordinada a través do Departamento de Servizos Sociais Comunitarios do concello. A iniciativa en Cospeito suma a máis de cen establecementos comerciais entidades e asociacións do concello que colaboran, por segundo ano consecutivo, nesta iniciativa que busca a visibilización do problema e a sensibilización e concienciación da poboación en xeral.