Programación de maio e xuño na aula CEMIT de Guitiriz

Do 20 Mai 2019 ao 14 Xuñ 2019 Axenda

A Aula Cemit de Guitiriz, situada na rúa do Concello, abriu novamente as súas portas no seu horario habitual de 16.00 a 20.00 horas de luns a venres. Estes servizo, que conta cunha profesora de apoio, está a disposición de todos os veciños.

Coincidindo coa reapertura da aula, está prevista unha programación que combina as actividades de dinamización e os cursos.

Así, o luns ará comezo o primeiro dos cursos de dinamización, que se prolongará ata o 24 de maio todas as tardes de 16.00 a 18.00 horas, e que leva ao título Obradoiro de manexo de smartphone. Está dirixido as persoas maiores para iniciarse no manexo do móbil.

A próxima semana será a vez do curso Busca de emprego a través de internet, orientado a persoas en situación de desemprego.

Por outra banda, con motivo da conmemoración do día internacional de Internet o 17 dee maio, a aula CeMIT de Guitiriz retransmite por videoconferencia a actividade Noticias falsas e seguridade na rede en colaboración co Aliado Dixital Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (AETG) na que se abordarán os principias aspectos da navegación segura por Internet e a identificación de información veraz e contraste de información.

Esta charla será o martes 21, en horario de 12.00 a 13.00 horas dirixido a calquera persoa interesada en coñecer máis información sobre novas falsas, especialmente as persoas maiores, adolescentes e pais/nais. Esta charla organízase porque poucas persoas se preguntan cales son as noticias falsas ou como e por que se crea. Poucos entenden por que van viral. Ou o que é máis preocupante, poucos son conscientes da importancia da cuestión. Por todo isto, é necesario axudar á xente a detectar unha noticia falsa e evitar ser enganada.​

No mes de xuño continuará a programación coa charla Compras e contratacións a distancia: recomendacións prácticas e dereito de desestimento. Esta charla terá lugar o día 3, de 12.00 a 13.00 horas dirixida a calquera persoa que estea intereseda en realizar compras de produtos ou contratacións de servizos a distancia, ben sexa por teléfono, porta a porta ou a máis empregada a día de hoxe, vía online.

No apartado de cursos, impartirase un de Plataforma E-Saúde do 3 ao 7 de xuño en horario de 16.00 a 18.00 horas. Este curso está dirixido especialmente a persoas interesadas en aprender a usar a plataforma E-Saúde.

Finalmente, do 10 ao 14 de xuño, en horario de tarde novamente, impartirase un curso de whatsapp dirixido a persoas que teñan interese en sacarlle o máximo partido a esta ferramenta de comunicación.

Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as citadas actividades poden dirixirse á Aula CeMIT de Guitiriz, a través da páxina web https://cemit.xunta.es/, chamar aos teléfonos 982.370.062/982.370.109, ou enviar un correo electrónico ao enderezo: cemit.guitiriz@xunta.gal