Reunión de veciños de Órrea

O 20 Ago 2019 Axenda

A Asociación de Veciños de Santa Comba da Órrea están convocados aunha reunión este martes, 20 de agosto, ás 17:00 horas no local social parroquial situado na escola da Travesa.

Nesta reunión, representantes do bispado de Mondoñedo explicarán aos vveciños en que consisten as obras, os prazos de execución, os traballos de desaloxo que se realizaron e algúns obxectos que foron atopados, entre eles unha figura do século XIII.

Tamén falarán da decisión de traslador o culto mentres duren as obras ao local socia e doutras necesidades que ten a igrexa.