Saborea As Pontes

Do 10 Out 2019 ao 20 Out 2019 Axenda

O concurso de tapas Saborea As Pontes celebra este ano a súa undécima edición referendado, unha vez máis, o seu éxito de participación entre os locais hostaleiros do municipio.

Nesta ocasión serán 29 os establecementos que participarán nesta cita gastronómica, cinco deles fano por primeira, consolidada no calendario de actividades propostas desde a Concellería e Turismo, Hostalería, Comercio e Consumo para dinamizar e impulsar un dos sectores clave da economía local, xerador de máis dun cento de postos de traballo.

Este ano o certame cambia o seu horario de celebración e as tapas poderán desgustarse de xoves a domingo, desde o 10 ao 20 de outubro. As tapas serviranse os xoves, de 19.30 a 23.00 horas e os venres, sábados e domingos ampliarase o horario para ofrecer tamén as degustacións en horario matutino, de 12.00 a 15.00 horas e durante as tardes de 19.30 a 23.00 hora. O prezo das tapas será de 1,50 euros.

Ao igual que nas edicións anteriores, Saborea As Pontes repartirá dous premios entre todas as tapas do concurso. Unha Comisión de Valoración Oficial, integrada por Antonio Díaz Calvo, cociñeiro do restaurante Andarubel, situado no Parque natural das Fragas do Eume, e un colaborador de confianza e de recoñecido prestixio, será a encargada de elixir a mellora tapa pontesa mentres que o xurado popular, a través do seu voto, escollerá a tapa pontesa máis valorada polo público.

Ademais, repartiranse 9 premios, de 200 euros cada uno, entre todas aquelas persoas que cubran os boletos do concurso de tapas con oito selos de diferentes locais. Seis premios serán para gastar nos locais de hostalaría que participen no concurso e os tres restantes poderán trocarse en calquera establecemento do comercio e hostalaría local. O 24 de outubro coñecerase o nome de todos os gañadores.

Elena López, concelleira da área , subliña a importancia deste certame  para a promoción turística das Pontes e dinamización do sector hostaleiro xa que “nos da a posibilidade de dar coñecer o bo facer dos nosos hostaleiros e acoller a centos de visitantes amantes do turismo gastronómico que chegan ata a nosa vila atraídos por unhas creacións culinarias nas que non faltan produtos do noso sector primario, de alto valor engadido, que fan que Saborea As Pontes sexa un referente no ámbitos dos concurso de tapas”

A concelleira invita á veciñanza e visitantes a participar neste certame, a degustar as tapas, a saír á rúa e a gozar desta nova edición e tratar de superar a cifra das 29.450 tapas servidas durante a edición do ano 2018 para, deste xeito, seguir contribuíndo  de forma activa e en primeira persoa á boa marcha dun dos sectores económicos esenciais na nosa vila.