Samaín en Muimenta

O 9 Nov 2019 Axenda

O vindeiro sábado 9 de novembro terá lugar en Muimenta a celebración do Samaín, cun magosto e un amplo abano de actividades.

A xornada, será na praza de Muimenta, e comezará ás 16.30 co concurso de cabazas, e despoihaberá obradoiros, xogos e contacontos para os máis pequenos.

Ademais haberá un paseiño Truco ou Trato polo pobo e sorteos de lotes de produtos.

Tamén poderase desfrutar da boa música.

Estas actividades está organizadas pola Anpa A Granda e a Asociación Aquilino Iglesia Alvariño.