Supercopa Terrachá de fútbol sala

O 10 Nov 2019 Axenda

O pavillón municipal do Concello de Guitiriz albergará o domingo 10 de novembro a Supercopa da Terra Chá de fútbol sala na que participarán un total de 6 equipos desde a categoría de Benxamíns ata Infantil.

Así, Guitiriz organizará un evento no que colaboran a Federación Galega de Fútbol, a Agrupación Deportiva Terra Chá de Seleccións de Fútbol sala e a Xunta de Galicia. Clasificáronse para as finais deste torneo un total de 6 clubs: Guitiriz, Begonte, Xove, Vilalba, Castro e Outeiro.

Os partidos comezarán ás 16 horas coa final da categoría Benxamín e a entrega de trofeos terá lugar o mesmo día ás 21 horas. Este é o calendario dos partidos:

  • 16 horas. Benxamín: Guitiriz – Begonte.
  • 17 horas. Cadete: Guitiriz – Xove.
  • 18 horas. Alevín: Guitiriz – Vilalba.
  • 19 horas. Prebenxamín: Begonte – Castro.
  • 20 horas. Infantil: Guitiriz – Outeiro.

O concelleiro de Deportes de Guitiriz, Iván Morado, destacou a importancia de que Guitiriz albergue este tipo de competicións que “atraen a moitos visitantes e afeccionados ao fútbol” e destacou “o nivel que hai en Guitiriz neste deporte xa que conseguimos ter representación en catro das cinco finais das diferentes categorías”.