Taller de cantería en Guitiriz

Do 10 Mar ao 23 Xuñ Axenda

O Concello de Guitiriz, en colaboración coa Comunidade de Montes de Parga e a Asociación Cultural Medioambiental de Pardiñas celebrará este ano unha terceira edición do seu taller de cantería, que terá lugar todos os sábados desde o mes de marzo ata xuño na Casa da Escola de Pardiñas en horario de 11:00 a 13:00 horas.

Inscricións abertas ata o 8 de marzo e comezo das clases o 10 de marzo. A inscrición pode realizarse no Concello ou chamando aos teléfono 982 370 109 ou 689 866 189. Tamén poden facelo a traves do enderezo electrónico info@concellodeguitiriz.com.