Roteiro de Mosteiro a Suevos

O 26 Out 2019 Axenda

O día 26 de outubro o cura de Mosteiro de Pol está a organizar un roteiro de Mosteiro a Suevos como acto de clausura ao Mes Misionero Extraordinario inaugurado polo Papa Francisco.

Esta xornada, que será duns 6 quilómetros, dará comezo ás 10.00 da mañá coa recepción dos camiñantes na Casa da Cultura de Mosteiro e un acto-testemuño dun sacerdote e unha laica que contarán a súa experiencia nas misións.

Ás 13.30 será a misa en Suevos, e acto seguido será o xantar popular para o que hai que reservar chamando a Jesús, o cura de Suevos ao 608 010 147 ou a Miguel, cura de Mosteiro, 658 370 318.