VII Feira Indiana

A VII Feira Indiana contará con preto de 20 profesionais da artesanía, chegados de distintos puntos da xeografía galega, que amosarán ao público distintos oficios tradicionais, como a cantería, cestería, tornaría ou forxa, así como outros 20 postos con produtos da zona á venta, como empanadas, chourizos, doces ou licores, entre outros.

Ao longo da xornada haberá visitas guiadas á casa museo da Liga Santaballesa, exposicións etnográficas e fotográficas, actividades infantís, espectáculos teatrais e actuacións musicais.

Programación
Ás 12.30 horas.- Terá lugar o partido benéfico entre o Ardebullo C.F. e a Liga Santaballesa C.F. no que participarán ex xogadores do Real Club Deportivo de la Coruña e o actores e cómicos Xosé Antonio Touriñán e Marcos Pereiro. Todo o recadado irá a Cruz Vermella e Médicos sin Fronteras.
Ás 14.00 horas.- Comezará a actuación da orquestra Dúo D´Ases.
Ás 15.00 horas.- Xantar servido por Rochela. Os interesados en mercar as entradas poden facelo ata o 14 de setembro na Cooperativa de Santaballa e nos 637 029 775 e 652 790 220.
A partir das 16.00 horas.- Haberá animación infantil con obradoiros de oficios tradicionais, cabezudos e xogos tradicionais, demostracións artesanais, espectáculos a cargo do Grupo Humorístico Trípode e o Grupo teatral Tanxedoira, actuacións musicais a cargo da Charanga La Mekanika, do Grupo de Música Tradicional Os Feroces da Galgueira, Habaneira e Cantos de Taberna con Tanxedoira.
Ás 21.00 horas.- Terá lugar a tradicional queimada teatralizada por Manolo Ferreiro. A continuación, para rematar a festa, haberá unha foliada co Dúo D´Ases.

Publicidade

Axenda

Publicidade

Todos os artigos e novas da anterior web están agora aquí: