VIII Carreira Popular de Xermade

Xermade prepara a oitava edición da súa carreira popular dirixida a persoas de tódalas idades. Será o sábado 21 de outubro cando os e ás afeccionadas a esta práctica deportiva se derán cita na praza do Concello.

A proba, organizada polo Concello, dará comezo ás cinco da tarde coas categorías menores -que deberán percorrer distancias de entre 100 a 2.000 metros-, mentres que ás seis se desenvolverán as carreiras de adultos -para os que se establece un percorrido de 6,3 km-.

As categorías establecidas son as de pitufos para os nenos e nenas nacidas no 2012 ou anos posteriores, prebenxamín -nacidos no 2010-2011-, benxamín -2008-2009-, alevín -2006-2007-, infantil – 2004-2005-, cadete -2002-2003-, xuvenil – 2000-2001-, sub-23 -1995-1999-, absoluta – 1983-1994-, veterán A -1973-1982-, veterán B – 1972-1963- e veterán C -anteriores ao 1962-.

No caso dos pitufos e prebenxamís, haberá medallas para tódolos participantes e dende a categoría de alevín a veterán C, trofeos para os tres primeiros de cada categoría. En calquera caso, todos e todas as participantes recibirán un agasallo conmemorativo na praza do Concello de Xermade a partir das seis e media.

Inscricións
A inscrición é gratuíta para os corredores e corredoras das categorías menores, mentres que para os adultos o prezo é de 5 euros. As persoas interesadas pódense inscribir ata o 19 de outubro a través da web da Federación Galega de Atletismo.

Publicidade

Axenda

Publicidade

Todos os artigos e novas da anterior web están agora aquí: