Volante Deputación

Do 15 Set ao 16 Set Axenda

Os próximos 15 e 16 de setembro celébrase a 7ª edición do Volante Deputación de Lugo, unha actividade que pretende achegar a calquera persoa sen experiencia o mundo da competición automobilística, vivindo desde dentro un rallie como o San Froilán, tal vez o mais carismático de Lugo, combinando deporte e formación, posibilitando ó gañador pilotar un Suzuki Swift Sport do trofeo de dita marca.

Esta iniciativa deportiva, con carácter absolutamente gratuíto, que está posta en marcha pola Deputación de Lugo, que consiste nunha selección onde os participantes recibirán un curso de condución para igualar e equilibrar coñecementos entre uns e outros, celebrarase no circuíto da Pastoriza. O proceso de selección estará supervisado por un xurado composto por pilotos, monitores de PTC Escuela e colaboradores deste proxecto.

O prazo para enviar os formularios de inscrición estará aberto a partir do día 26 de xullo ás 9:00 horas ata o mércores 13 de setembro de 2018 ás 24:00 horas. As prazas están limitadas a 185 participantes, e será por rigoroso orde de recepción das inscricións.

O titular do primeiro premio será seleccionado como piloto e participará no Rallye San Froilán 2018 dentro da estrutura do equipo de competición PTC de forma totalmente gratuíta. O segundo e terceiro clasificados recibirán como premio unha formación especifica de piloto recibindo un curso multidisciplinar de competición, curso ao que loxicamente tamén terá acceso o vencedor.

Consulta as bases