Xantar no Colexio de Rábade

O 21 Set 2019 Axenda

O colexio de Rábade celebrará o seu 50 aniversario o día 21 de setembro ás 14 horas cun xantar.

Para este xantar pódense recoller as tarxetas no colexio, na cafetería Ágora e nas librerías Arbelos e Capicúa.

O menú dos adultos constará de empanada, polbo, churrasco, sobremesa, pan e viño, e todo isto por 25 euros. E o menú infantil será de 10 euros e terá entrantes quentes, tortilla de patacas, churrasco, sobremesa, e bebida.

Tamén haberá sorpresas e sorteos durante o xantar, nos que os partipantes poderán ser os gañadores dunha estancia nun spa, unha cea no restaurante Coto Real ou outros moitos agasallos.