XI Tasca Tradicional do Liño en Vilalba

O 26 Out 2019 Axenda

A parroquia de Ínsua no Concello de Vilalba acollerá o 26 de outubro a XI Tasca Tradicional do Liño coa que amosará o traballo do cultivo do liño.

A xornada contará previsiblemente con charalas sobre o liño, as relacións entre a veciñanza nas tascas do liño e as fías como reunións.

Tamén haberá animación musical con música tradicional e foliadas.

Tampouco faltarán os postos de artesanía na feira con artigos textís, coiro ou madeira.

Ao longo de todo o día os presentes tamén poderán gozar con diferentes demostracións, comprar obxectos nos postos de artesanía e visitar a exposición de fotografía dedicada a Insua e o liño.