XIII Xornadas Interxeracionais Rurais (I)

- Casa Escola (Cabreiros) - Sáb, 27/05/2017 - 10:00 -

10.30 horas: apertura (Excmo. Alcalde do Concello de Xermade e representantes da Deputación de Lugo, Universidade de Santiago e da Asociación de Veciños de Cabreiros)

11.00 - 12.30 horas: mesa de experiencias: proxectos de dinamización do medio rural.

Coordina: Carlos Alberto Guerra González, concelleiro de Xermade

José Ángel Purriños: presidente de Os Irmandiños SCG e Cooperativas Lácteas Unidas (CLUN)

Óscar Morado Corral (SAT Margá - Guitiriz): manexo de explotación de vacún de leite en pastoreo

José Ángel Espiñeira (Espiñeira SC - Guitiriz): manexo de explotación de vacún de leite en ecolóxico.

16.30 - 19.00 horas: Encontro obradoiro das experiencias radiofónicas realizadas nas asociacións veciñais de Xermade

A. Mulleres Rurais Amuraxe de Xermade, A. Mulleres Rurais Saudade de Momán, Roteiros da Carba de Lousada, A. Sociocultural O Progreso de Lousada, Asociación de Veciños e Veciñas de Roupar e Asociación de Veciños e Veciñas de Cabreiros.

Entrevista a Laura Cabarcos Camba e María Carballo Pena sobre a súa representación da Asociación de Veciños e Veciñas de Cabreiros no Parlamento Europeo. Encontro dirixido polos xornalistas e creadores do Laboratorio de Radio: Lucía Abarrategui e Sergio Pascual.