XIX Concurso de Disfraces Entroido 2017

- Praza de Outeiro de Rei - Dom, 26/02/2017 - 17:00 -

Un ano máis, con motivo da FESTA DE ENTROIDO 2017, o Concello de Outeiro de Rei organiza a XIX edición do CONCURSO DE DISFRACES.

A cita terá lugar o domingo 26 de febreiro a partir das cinco da tarde na Praza da vila baixo carpa cuberta e amenizada polo grupo D´NIKA.

Están a disposición das persoas interesadas  as bases do concurso así como as follas de inscrición. O prazo para anotarse permanecerá aberto do 6 ao 24  de febreiro na Casa da Cultura en horario de dez da mañá a dúas e media do mediodía ou ben o mesmo día do concurso en horario de cinco a seis da tarde.

Os 1960 euros de premios repártense da seguinte forma:

- Comparsa: 400 euros (primeiro) + 300 euros (segundo) + 200 (terceiro) + 100 (cuarto).

- Parellas: 200 euros (primeiro) + 120 (segundo).

- Individual: 150 euros (primeiro) + 100 (segundo).

- Infantil: 150 euros (primeiro) + 100 (segundo).

E dous premios especiais a maiores por un importe de 90 e 50 euros cada un para as categorías nas que o xurado considera necesario outorgalos.