XIX Encontro Internacional de Torneiros da Madeira de Xermade

Do 20 Set 2019 ao 22 Set 2019 Axenda

O alcalde de Xermade e tamén deputado de Participación Cidadá, Roberto García Pernas, e o deputado de Recursos Sostibles, Roberto Fernández Rico, xunto a outras autoridades, presentaron na Biblioteca Municipal da localidade chairega o XIX Encontro Internacional de Torneiros da Madeira, que se celebrará os días 20, 21 e 22 de setembro, no polideportivo municipal. A Deputación colabora cunha achega económica de 6.000 euros para a celebración desta cita artesanal.

Fernández Rico sinalou que este é un encontro “xa asentado no concello de Xermade e en toda a provincia. Dende a Deputación colaboramos con este tipo de citas nas que ademais de achegarnos ao mundo dos torneiros, contribuímos a difundir e promocionar os oficios tradicionais da nosa cultura. Este evento tamén supón un importante revulsivo económico para o concello, pois achéganse centos de persoas que dinamizan a contorna da provincia”.

Este evento internacional de Torneiros de madeira contará coa presenza de expertos e profesionais da artesanía como os franceses: Alain Mailland e Bernard Azema; o castellonense Quique Prades e o galego Lolo Castro. Durante o encontro, os visitantes poderán asistir á demostracións en vivo e ademais haberá postos de venda de maquinaria, ferramentas artesanais, publicacións e camisetas conmemorativas, así como exposicións de pezas torneadas en anteriores edicións. As pezas máis estéticas e mellor elaboradas desta edición serán seleccionadas para a exposición itinerante CONtornos 2019-20.

 

Programación

Venres, 20 de setembro

– 13:00 horas: Inauguración oficial.

– 13:15: Homenaxe recordatorio de Fernando Vérez e Miguel López

– 10:30-19:30 horas: Demostracións para inscritos: Alain Mailland, Bernard Azema, Quique Prades e Lolo Castro.

– 10:30-19:30 horas: XII CONtornos, exposición itinerante de madeira torneada 2018-19. Exposición de obras de Fernando Vérez e Miguel López. Exposición de pezas torneadas aportadas polos participantes. Exposición e venda de maquinaria, ferramentas e publicacións.

 

Sábado, 21 de setembro

-10:30-19:30 horas: Demostracións para o público: Alain Mailland, Bernard Azema, Quique Prades e Lolo Castro.

– 10:30-19:30 horas: XII CONtornos, exposición itinerante de madeira torneada 2018-19. Exposición de obras de Fernando Vérez e Miguel López. Exposición de pezas torneadas aportadas polos participantes. Exposición e venda de maquinaria, ferramentas e publicacións.

– 16:00-19:30 horas: Espazo de iniciación ao torneado supervisado por monitores.

– 18:00-19:30 horas: Escolma das pezas para a Exposición Itinerante XIII CONtornos 2019-20.

 

Domingo, 22 de setembro

-10:30-14:00 horas: Demostracións para o público: Alain Mailland, Bernard Azema, Quique Prades, Lolo Castro.

– 10:30-13:00 horas: XII CONtornos, Exposición Itinerante de madeira torneada 2018-19.Exposición de obras de Fernando Vérez e Miguel López.

-10:30-14:00 horas: Exposición de pezas torneadas aportadas polos participantes.

Exposición e venda de maquinaria, ferramentas e publicacións.

-13:00 horas: Recollida das pezas de XII CONtornos.

– 10:30-14:00 horas: Presentación da Exposición Itinerante XIII CONtornos 2019-20.

– 13:00 horas: Clausura oficial.