Xornada de iniciación á micoloxía na Pastoriza

O 16 Nov 2019 Axenda

A Asociación A Chaínza celebrará o sábado 16 de novembro na Cámara Agraria da Pastoriza un cursiño de iniciación á Micoloxía que será impartido por Xesús Blanco. O cursiño dará comezo ás 17.00 horas.

Haberá unha pequena presentación e tamén se fará unha exposición para identificar os diferentes tipos de cogumelos da zona. Os que desexen participar poden levar tamén algún exemplar para resolver as dúbidas que poidan ter.