Xornada de reboco de barro

O Goberno da Deputación ofrece no terceiro trimestre do ano actividades medioambientais gratuítas nas que poderán participar máis de 700 persoas de todas as idades nos centros de Interpretación Terras do Miño e Casa das Insuas, así como dos Ancares Lucenses.  Os interesados en participar poden inscribirse en www.deputacionlugo.gal. Máis información en 982 22 78 12.

Estas actividades na Casa das Ínsuas (Rábade) están abertas ata completar aforo de 20 persoas.

1 de xullo.- Saída ao campo para observación de anfibios e réptiles, nun horario dende ás once da mañá ás sete da tarde.

8 de xullo.- Introdución ao radioseguimento científico de fauna, nun horario dende ás once da mañá ás seis da tarde.

22 de xullo.- Saída ao campo para a observación de abellóns e outros polinizadores, nun horario dende ás once da mañá e as sete da tarde.

12 de agosto.- Saída ao campo para a observación de libélulas, nun horario dende ás once da mañá e as sete da tarde.

19 de agosto.- Limpeza do leito do río Miño en padle surf, nun horario dende ás once da mañá ás sete da tarde.

9 de setembro.- Ferramentas cartográficas dixitais para naturalistas, nun horario dende ás dez da mañá ás dúas da tarde.

16 e 17 de setembro.- Xornada de reboco de barro, nun horario dende ás dez da mañá ás seis da tarde.

23 de setembro.- Restauración da Lagoa do Rei, nun horario dende ás dez da mañá ás dúas da tarde.

30 de setembro.- Saída ao campo para a observación de morcegos, nun horario dende ás dez da mañá ás dúas da tarde.

Publicidade

Axenda

Publicidade

Todos os artigos e novas da anterior web están agora aquí: