Xornadas Interxeracionais Rurais de Xermade

Do 25 Mai 2019 ao 8 Xuñ 2019 Axenda

O Concello de Xermade, a Asociación veciñal de Cabreiros e a Facultade de CC da Educación da Universidade de Santiago realizarán este ano unha nova edición das  Xornadas Interxeracionais Rurais, que se celebrarán na Casa Escola de O Chao en Cabreiros os días 25 de maio, 1 e 8 de xuño por XV ano consecutivo.

Como e anos anteriores o programa que se desenvolverá busca a colaboración en parte das actividades, coma as experiencias innovadoras no sector agrogandeiro ou o Laboratorio de Radio, onde veciños  do concello formarán parte dunha tarde do máis entretida. O obxectivo final é a participación conxunta das distintas xeracións de veciños.

Finalizadas as actividades da mañá haberá unha charla Entre tornos e torneiros para despois desfrutar das demostracións prácticas da utilización do torno.