Novas de Muras
O Concello de Muras convoca as axudas para estudantes, que aumentan as súas contías
Estréase ademais unha subvención de mil euros para estudantes no estranxeiro
Muras acolleu unha xornada de traballo para ampliar o modelo enerxético de Muras aos concellos do Xistral
As propostas do BNG son que paguen pola potencia, que se promova a participación pública e comunitaria, e ampliar os destinos posibles de investimento para os recursos que reciben os concellos
A Romaxe Artesá da Chaira celebra a súa décima edición con vinte obradoiros e aposta pola posta en valor do feito á man
A Fundación Artesanía de Galicia destaca o evento como clave para a comercialización e a difusión dos oficios tradicionais
Muras ultima preparativos para celebrar a décima edición da Romaxe Artesá da Chaira este sábado
Ás 13.30 horas actuará Mekanika Rolling Band e ás 18.00 horas desenvolverase unha foliada popular coa participación de Airiños do Eume, Fol do Raxal e Os Ferozes da Galgueira
Reabre ao tráfico a estrada que conecta Vilalba e Chavín pola Balsa tralo arranxo da ponte
Restableceuse a circulación na estrada provincial LU-P-6502 apenas unhas semanas despois do inicio dos traballos de reparación da infraestrutura, que colapsou á altura de Muras a causa dos temporais
Muras amplía o prazo para solicitar as axudas para sufragar facturas eléctricas de fogares e pemes
O período de solicitude estivo aberto durante todo o mes de abril e prolongarase ata o 15 de maio. Contempla achegas de ata 800 e 1.700 euros segundo o tipo de beneficiario
O BNG denuncia as carencias no despregamento da fibra óptica en Lugo e reclama actuacións urxentes ao Goberno
Néstor Rego alerta de que milleiros de fogares seguen sen conexión de calidade e advirte do aumento da fenda dixital no rural
Olimpia López coordina cos concellos de Lugo, Terra Chá e Meira a seguridade durante o eclipse de agosto
Representantes municipais de Lugo, Rábade, Meira, A Ribeira de Piquín, Muras, Xermade, Vilalba, Guitiriz, Abadín e Pastoriza participaron na reunión
Novo éxito do cargadoiro de poldros en Muras con máis de 50 exemplares vendidos na súa cuarta edición
A actividade, impulsada polo Concello de Muras en colaboración coa Asociación de Criadores de Gando Equino ACGEMA, tivo lugar no recinto habitual da Feira do Poldro da Gañidoira
Conta atrás para a etapa lucense de O Gran Camiño, que unirá Terra Chá e A Mariña en seis días
A segunda xornada da volta celebrarase o 15 de abril entre Vilalba e Barreiros, cun percorrido de 148,6 quilómetros e 1.933 metros de desnivel nun trazado inédito para ambas comarcas
Muras celebrará o 23 de maio a décima edición da Romaxe Artesá da Chaira
A organización xa presentou o cartel mentres está perfilando a programación, na que figuran moitas das actividades que se celebraron en anos anteriores
Muras instalará o 18 de abril o cargadoiro para a venda de poldros
Todos os animais deberán estar identificados e contar coa documentación regulamentaria correspondente
Luz verde da Xunta en Muras a unha planta de valorización de residuos plásticos
A resolución da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé que a actividade teña impactos significativos sobre a contorna
Unanimidade no Parlamento á proposta do BNG para axilizar os trámites e a construción do polígono industrial de Muras
O deputado da Mariña, Dani Castro, foi o encargado de defender a iniciativa na Comisión 6ª, na que instou o Goberno do PP a deixar de “poñer paus nas rodas” e impulsar dunha vez o parque
Requeijo solicita o apoio da Xunta para o relanzamento da Marca Muras que apoiará a produción agrogandeira
O alcalde solicitoulle a María José Gómez que se amplíe a cobertura de axudas para novas incorporacións e plans de mellora da Xunta de Galicia
O PP de Muras condena o estado no que se atopa o Campo da Feira do Viveiró dous anos despois das obras
O portavoz provincial, Antonio Ameijide, e a voceira municipal, Eugenia Requeijo, visitaron a zona
Eventos
A asociación Atila celebrará o 19 de marzo a súa comida anual de socios en Muras
A programación da xornada comezará cunha ruta cabalar, sempre que as condicións meteorolóxicas o permitan
Caixa Rural Galega e a Fundación Juana de Vega asinan un convenio para cofinanciar o proxecto Saberes do Monte
A través de Saberes do Monte apoiaranse as actividades tradicionais vinculadas ao monte en cinco áreas piloto de Galicia para facilitar a conservación de hábitats prioritarios
A Ruta BTT Terra Chá San Simón da Costa percorrerá o 4 de abril tres concellos
As inscricións xa están abertas en CCnorte.com ata o día 31 de marzo
O alcalde de Muras urxe á Deputación o arranxo da ponte entre Viveiró e a Balsa, que pechou ao tráfico polo temporal
Requeijo solicitou tamén actuacións de mantemento nas vías de titularidade provincial que pasan polo municipio
A Deputación aproba obras en Muras incluíndo a ponte derrubada polo temporal
O proxecto inclúe a reparación integral da estrutura e ademais a reapertura de cunetas, a reparación de desperfectos, a repavimentación e a sinalización horizontal e vertical
A Deputación pecha dúas estradas en Ourol e Muras e reabre ao tráfico en Cervantes
Este xoves quedaron cortadas polo colapso de dúas pontes a LU-P-3807, que conecta Bravos e San Pantaleón por Foxo; e a LU-P-6502 entre Vilalba e Chavín pola Balsa
Impulsan o recoñecemento internacional da Serra do Xistral como Paisaxe Emblemática Mundial
A incorporación á rede de Global Flagship Landscapes é froito da iniciativa da USC e do Centro Ibérico de Restauración Fluvial









