Novas de Vilalba
Corbelle volve celebrar unha sardiñada popular este sábado
A festa dará comezo ás 14.30 horas pero necesita inscrición previa
Vilalba aproba as obras para renovar a rede de abastecemento da rúa Cidade de Viveiro
A primeira fase da actuación permitirá substituír integralmente a tubaxe de auga mediante unha nova rede de PVC e quedará completada nun prazo estimado de tres meses
Vilalba acollerá unha quedada de lectura ao aire libre este martes
A actividade dará comezo ás 18.00 horas no Parque Rosalía de Castro
O X Campus RCV reunirá en Vilalba a nenos e nenas arredor do fútbol do 22 ao 27 de xuño
A iniciativa está dirixida a nenos e nenas nados entre os anos 2011 e 2022 e combinará adestramentos e actividades relacionadas co fútbol con propostas orientadas á aprendizaxe, á convivencia e ao lecer
Este sábado será a rapa das bestas en Vilapedre
A xornada contará cun amplo programa de actividades que darán comezo ás 10.00 horas coa baixada das bestas ata os curros
Catrocentos nenos e nenas cantarán á Terra Chá en Vilalba na décima edición de “No bico un cantar”
O recital celebrarase ás 17.30 horas na escalinata da Praza de Santa María, aínda que a programación comezará xa pola mañá coa chegada do alumnado e os ensaios previos
O Álbum de Galicia incorpora a entrada do autor vilalbés Agustín Fernández Paz
A entrada ofrece un amplo percorrido vital e intelectual pola súa traxectoria, desde a infancia en Vilalba ata a súa consolidación como un dos autores galegos máis lidos e recoñecidos dentro e fóra de Galicia
Kevin Cuba proclámase subcampión de España sénior en Sagunto
O deportista competiu na categoría de 125 quilos, unha superior á súa habitual, en substitución do vilalbés José Cuba, que non puido participar debido a unhas molestias no xeonllo
Sancovade celebra a súa comida veciñal o sábado 6 de xuño
O data límite para anotarse é este martes, 2 de xuño, con calquera membro da asociación
O PSOE de Vilalba "lamenta" o voto en contra do PP para reclamar á Xunta atención urxente para a estación de autobuses
“O PP pon unha vez máis os intereses do partido por diante dos intereses da veciñanza”, asegurou Marta Rouco
Belesar celebra as festas do Corpus Christi esta fin de semana
O venres 29 de maio, a partir das 22:00 horas, haberá pinchos gratuítos para todos os asistentes
O Pleno vilalbés estudará o novo regulamento para o servizo Concilia na Tarde, que arrancará o próximo ano
A alcaldesa, Marta Rouco, destaca que será “un recurso fundamental para facilitar a conciliación das familias e responder a unha necesidade cada vez máis presente no municipio"
Convocada unha reunión coa veciñanza da rúa San Roque para abordar medidas de mobilidade
O obxectivo do encontro será explicar e contrastar coas persoas asistentes as posibles medidas municipais en materia de mobilidade urbana
A Biblioteca Municipal de Vilalba acollerá un concerto didáctico-sensorial para bebés de 0 a 3 anos
Contará con dúas quendas para facilitar a participación das familias: a primeira sesión celebrarase ás 16:30 horas e a segunda ás 17:30 horas
Pecha con éxito en Vilalba a Mostra Musical do Eixo Atlántico
A alcaldesa, Marta Rouco, destaca o impacto cultural, social e económico dunha fin de semana que encheu a vila de actividade e visitantes
Últimos días para participar no concurso de microrrelatos de Vilalba
O prazo para a presentación de traballos rematará o 31 de maio
Eventos
Goiriz celebra a Romaría de San Adriano con música, gastronomía e ruta cabalar
O programa dará comezo pola mañá coas misas ás 11:00, 12:00 e 13:30 horas, seguidas da tradicional procesión e a sesión vermú co grupo D'Noche
Máis de 8.000 incidencias foron resoltas en Vilalba a través da Liña Verde
A alcaldesa, Marta Rouco, e o concelleiro Eduardo Vidal destacan a utilidade desta canle directa coa veciñanza para mellorar os servizos municipais e axilizar a resposta
O Centro Cultural e Recreativo de Vilalba organiza unha noite de bingo e música con Grande Osso
Desde a organización animan á veciñanza e aos socios a participar nesta proposta, destacando que será unha ocasión para desfrutar dunha noite diferente
Recollen doazóns de sangue en Vilalba este venres
O vehículo prestará servizo todo o día na rúa Plácido Peña
A IX Mostra Musical do Eixo Atlántico chega a Vilalba esta fin de semana
Farán unha homenaxe a António Saiote, que está recoñecido como unha figura clave da música portuguesa pola súa traxectoria artística e pedagóxica
O Iescha presenta en Vilalba o libro 'Semente de Mencer', a obra poética de Darío Xohán Cabana
A publicación, editada por Alvarellos Editora dentro da colección Rescate, conta coa edición, estudo e notas de Anxo Angueira
Vilapedre celebra as súas festas a partir do venres
A festa comezará pola noite cunha sesión de pinchos variados de balde a partir das 22:00 horas










