ACRUGA pecha 2016 coa súa introdución en Australia, Italia, Indonesia e Nicaragua

Os gandeiros homenaxeados xunto ás autoridades no xantar anual deste 2017.
Demanda de carne selecta ACRUGA-Ternera Gallega.
Os gandeiros homenaxeados xunto ás autoridades (arriba) e gráfico da demanda de carne selecta ACRUGA - Ternera Gallega (abaixo).

A Asociación de Criadores de Raza Rubia Gallega exportaba doses de seme a estes países continuando coa súa extensión mundial.

/ Enviado por redactor o Ven, 16/06/2017 - 23:05

A Asociación de Criadores de raza Rubia Galega pechou o ano 2016 cunha maior presencia no mercado internacional, grazas á exportación de doses seminais en novos países, como Australia, Indonesia, Italia e Nicaragua. Trátase dunha primeira introdución con venta de semen que en total acada as case 5.000 doses, unha cantidad que non é demasiado significativa pero que é importante porque senta as bases para futuros negocios e segue adiante coa expansión internacional da raza rubia galega. Estes países súmanse a outros nos que a exportación xa ten unha longa traxectoria como Brasil, que importou no último ano más de 100.000 doses; Polonia, con 10.200, México, Turquía e Portugal. Algúns destes países obteñen doses seminais para cruce industrial coas súas razas co obxectivo de mellorar a capacidade produtora das súas cabañas gandeiras, para o que a rubia galega demostra ser unha das razas máis cualificadas. 

En total, no pasado ano, vendéronse preto de 240.000 doses, unas 119.000 no mercado nacional, e algo máis de 117.000 no internacional.  

Éstes e outros datos puxéronse hoxe de manifesto no transcurso da asamblea anual de Acruga, que contou con ducias de gandeiros de toda a provincia, e que despois participaron na tradicional comida e na homenaxe áos gandeiros e gandeiras xubilados ao longo do último ano. A esta cita acudiron uns 180 gandeiros e gandeiras de toda a provincia e, entre outras autoridades, o subdelegado do Goberno, Ramón Carballo; a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez; o delegado da Xunta, José Manuel Balseiro; e o deputado de Medio Rural da Deputación de Lugo, Lino Rodríguez Ónega. Eles, xunto a outras autoridades, foron os encargados de entregar a insignia de Acruga aos homenaxeados. 

Maior demanda da carne selecta

A exportación de seme non é a única vía para a expansión da raza rubia galega que se leva a cabo desde Acruga. Outra das vías para mellorar a súa promoción é a obtención de carne de excelente calidade, a través do traballo en común con Ternera Gallega. O convenio de colaboración firmado hai anos entre ambas entidades permitiu traballar na evolución de animais sacrificados baixo a denominación o marca Ternera Gallega Suprema-Carne de Rubia Gallega, que designa aos canais de maior calidade. A  demanda desta carne no sector da restauración non fixo máis que aumentar; unha tendencia ascendente que en 2016 chegou aos 3.785 animais sacrificados, fronte ós 2.989 do 2015. Esta tendencia seguirá aumentando en este ano 2017, no que só no primeiro trimestre do ano, acadou as 1.006 reses sacrificadas baixo esta marca selecta. 

Subastas e feiras

Outra das constantes na actividade diaria de Acruga a a asistencia a feiras e exposicións gandeiras para favorecer a promoción da raza, así como a organización de poxas para subastar novillas. Este ano, ante a demanda, subastáronse por primeira vez novillas sen preñar, polo que o prezo medio baixou no cómputo total, xa que o prezo de saída destes exemplares tamén era inferior ó establecido para as novillas preñadas. 

Sen embargo, os datos non baixaron moito, xa que o prezo medio se mantivo en torno aos 2.000 euros do 2015, e en concreto en 2016 foi de 1.937 euros. Un dato positivo foi que se incrementaron o número de animais vendidas en este tipo de poxas organizadas por Acruga, pasando das 74 adxudicadas en 2015 ás 88 vendidas no pasado ano. 

En 2016, Acruga participou en 17 certames gandeiros, dos cales máis do 20% foron de carácter nacional. Este ano aínda queda a cita máis importante do ano, o Concurso e a subasta Nacional que terá lugar en Adai (O Corgo) o viendeiro sábado 24. Despois do verán chegarán outros eventos como poxas en Fonsagrada, Pedrafita e Adai amais de exposicións en Friol, Carballiño, Salamanca e Expolugo. 

Libro xenealóxico

En canto á situación do Libro xenealóxico hai que destacar que apenas existen variacións co respecto ao 2015, xa que 26.153 reprodutores a 25.840; dunha media de 21 animais por explotacións a 20,20 cabezas de gando e de case 40.000 animais inscritos a preto de 38.000. Tamén descende algo do 2015 a 2016 o número total de explotacións de rubia galega de toda España, que pasa de 1919 a 1876. 

Colaboracións 

A colaboración coas institucións para a mellora da raza tamén é parte da actividade da asociación que preside César Dorado. Por iso durante o pasado ano mantivéronse os acordos co Ministerio de Agricultura y Pesca, Alimentación y Medio Ambiente, unha colaboración dirixida á conservación, mellora e fomento das razas puras de gando. Tamén coa Consellería do Medio Rural e do Mar, dentro do Programa de Consolidación e Diversificación da raza Rubia Galega. 

Outra importante colaboración é a que Acruga mantén coa Deputación de Lugo para a marcha do centro de recría de xovencas de rubia. Alí búscase a mellor seleción de animais, desde o punto de vista xenealógico, morfolóxico, produtivo e reprodutivo. Eses exemplares son, precisamente, os que se subastan nas poxas ou os que se venden aos gandeiros que se incorporan á raza rubia galega. 

En canto ao censo nesta granxa, Acruga contaba ao peche do pasado ano con 96 femias e dous machos, que se utilizaban como reprodutores para as novillas. En 2016 se adquiriron 57 animais fronte ós 190 do ano 2015. Sen embargo, o dato positivo é que mentres que hai dous anos os exemplares vendidos procedentes deste centro foron 103, no 2016 esta cifra subía ata as 152 cabezas de gando. 

Outras actividades

Ao igual que outros anos, a Asociación de Cridadores de Raza Rubia Galega continúa ofertando outras actividades e servixos aos gandeiros e gandeiras de rubia. Entre outros destacan os cursos de inseminación e os de xuíces, que este ano acadarán a súa décima edición; a publicación do catálogo de sementais; os servizos de comercialización da carne e de subministro de gasóleo agrícola; e os xenotipados, a través da intensificacion dos controis de filiación. Ademais, a asociación continuará cos estudos de parentesco de reprodutoras con toros de IA e/ou monta natural, co fin de evitar posibles problemas de consanguinidade e facilitar a elección do semental.